Monday 13 de May de 2024

Preto de 200 persoas acudiron á cuarta sesión do Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón


Preto de 200 persoas acudiron onte á tarde á Casa da Cultura de Camporrapado para asistiren á cuarta sesión do Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón. Nesta ocasión, a cita foi protagonizada polo Grupo municipal de Teatro de Ribeira, que ofreceu unha adaptación da obra Cousas, de Castelao.

O Ciclo de Teatro de Outono encara, así, a súa recta final. A última das representacións terá lugar este domingo 25 de novembro ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. O Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra será o encargado de pechar o programa de actuacións coa posta en escena da peza Contos de zapatilla.

A posta en marcha deste ciclo foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña. Todas as entradas ás sesións de artes escénicas son de balde.